Lenzos brancos no destino.

Lenzos brancos no destino.

Duras pedras modeladas,
lume azul asolagado,
praceres non gozados,
damas en pé alertadas.

Ruxen os cantos no aire,
prenden o lume os forneiros,
queiman o xunco os labregos,
por un que non era nadie.

Venme ós miolos un intre,
nunca soñei o pensado
nunca pensei o soñado,
mais é certo que existe.

Asentan os cepos no chan,
prenden na terra as raíces,
xorden xa novos matices,
pesan os danos no afán.

Mudan as bichas a pel,
cambian as cousas co tempo,
hai que adaptarse ós momentos,
queda moito por facer.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Perlu Kemerdekaan

Desprotección

Recomendación bibliográfica