Entradas

Mostrando entradas de julio, 2016

Lenzos brancos no destino.

Lenzos brancos no destino. Duras pedras modeladas, lume azul asolagado, praceres non gozados, damas en pé alertadas. Ruxen os cantos no aire, prenden o lume os forneiros, queiman o xunco os labregos, por un que non era nadie. Venme ós miolos un intre, nunca soñei o pensado nunca pensei o soñado, mais é certo que existe. Asentan os cepos no chan, prenden na terra as raíces, xorden xa novos matices, pesan os danos no afán. Mudan as bichas a pel, cambian as cousas co tempo, hai que adaptarse ós momentos, queda moito por facer.