Lenzos brancos no destino.
Lenzos brancos no destino.   Duras pedras modeladas,  lume azul asolagado,  praceres non gozados,  damas en pé alertadas.   Ruxen os cantos no aire,  prenden o lume os forneiros,  queiman o xunco os labregos,  por un que non era nadie.   Venme ós miolos un intre,  nunca soñei o pensado  nunca pensei o soñado,  mais é certo que existe.   Asentan os cepos no chan,  prenden na terra as raíces,  xorden xa novos matices,  pesan os danos no afán.   Mudan as bichas a pel,  cambian as cousas co tempo,  hai que adaptarse ós momentos,  queda moito por facer.